O 24 de
abril celebramos en Secundaria o Día do Libro, despois dunha longa semana
investigando, ensaiando, pintando, escribindo, debuxando, correndo…por fin
chegou o gran día: O RECITAL
Un recital
que contou coa presenza de Ponte Far, un estudoso da obra de Torrente
Ballester, que nos ilustrou cun vídeo e co seu saber sobre esta figura
literaria tan nosa.
Nel houbo un
traballo de campo sobre Torrente Ballester, houbo poesía dialogada, houbo
dramatizacións de poemas, de contos, houbo cadros inspirados en poemas, houbo
un fermoso cartel que recollía a historia deste día, houbo unha explicación dos
dereitos de autor…
HOUBO FESTA E HOUBO CULTURA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario