MALETA INCLUSIVA ESO
Despois da experiencia doutros anos, este curso continuamos co proxecto de Maletas Viaxeiras.
A Asesoría de bibliotecas escolares pon
a disposición dos centros unhas maletas viaxeiras co fin de achegar, ao
profesorado que as solicite, uns materiais que sirvan para reforzar e apoiar as
súas propias iniciativas de formación no ámbito do fomento da lectura e outras
actividades destinadas ao alumnado.
Neste mes de outubro temos a sorte de ler, disfrutar e aprender coa Maleta Inclusiva para a etapa da ESO. Os obxectivos deste proxecto son transmitir a nosa experiencia ao utilizar a lectura fácil como ferramenta para comprender o que lemos e crear espazos de participación e inclusión social.
Como exemplo dunha acción de
mellora foi a proposta da realización dunha Tertulia cos textos seleccionados na
materia de Valores Éticos de 1º de ESO.
Ao día de hoxe realizouse unha tertulia cunha valoración moi positiva por
ambas partes. Seguiremos a traballar ao longo deste mes con esta Maleta noutras
materias e diferentes cursos.
Esperámosvos na biblioteca
coa maleta chea de novidades…
No hay comentarios:
Publicar un comentario