jueves, 8 de noviembre de 2018

ESTÁS SEGURO DO QUE VES?

Hoxe visitounos Juan Casto Rivadulla, profesor e investigador da UDC para falar do cerebro...
Comenzou a charla cun bo lema...
O profesor adicou unhas verbas para lembrar a moitas mulleres neurocientíficas e ao doutor Ramón y Cajal
 
Ramón y Cajal recibiu o premio Nobel de Mediciña en 1906 por descubrir as neuronas. A carón da foto pódese ver un dos debuxos que facía a man dunha neurona mentres observaba polo microscopio.
Co seu xesto, Casto animou a todas as rapazas presentes a estudar, observar e investigar para chegar a ser boas científicas no futuro.
Presentounos un divertido experimento que durou 20 segundos
nada máis e que necesitou de toda a nosa concentración.
Consiste nun test de atención: Tivemos que contar os pases de balón do equipo branco. Podedes probar vós ollando o vídeo...


Que vos pareceu? 
Como o cerebro pode ver algunhas cousas que non son reais? Fácil enganar, verdade?
Casto explicounos que o cerebro interpreta a realidade. 
Que no cerebro temos 85 mil millóns de neuronas e que as neuronas co paso do tempo atrófianse e perden a capacidade de pasar información.
 Tod@s, rapaces presentes de 1º e 2ºda ESO, xa tedes máis neuronas que os vosos profes polo feito de ser máis xóvenes... 
 Neste intre da charla, a vosa compañeira Yaiza, fíxolle unha interesante pregunta ao profesor...Rexenéranse as neuronas?
 Pois parece ser que agora estase a experimentar con ratos e sí rexenéranse neses animaliños, pero aínda non nas persoas. (Yaiza debe ter un cerebro privilexiado para facer preguntas e adiantarse ás explicacións do profe, non si? Ánimo rapaza, ti podes ser unha boa científica!)
Falounos tamén do tamaño das neuronas. As neuronas máis grandes téñenas os animais máis grandes, pero o importante é como están conectadas entre elas.
A cabeza non para...
Todo o que sabemos e aprendemos está nas neuronas.
O cerebro está inventando a realidade.
Por exemplo a "Ilusión de Adelson"...

E se comparamos o noso cerebro co dunha abella? Interesante non si?
 Nós vemos unha flor amarela pero, como a ve unha abella?
As abellas a ven diferente ca nós porque elas ven a luz ultravioleta...
Casto tamén comentou que o noso cerebro funciona perfectamente ben. Consume moita enerxía e non é quen de procesar toda a información por iso, ás veces, da a sensación de que engáñanos.
O cerebro non presta atención a pequenos detalles secundarios. É selectivo, ten que economizar moito a información que recibe.
Rematamos esta interesantísima charla científica cun truco de maxia con 5 cartas para demostrar como o cerebro non presta a atención aos pequenos detalles...

DEIXOUNOS A TOD@S BOQUIABERTOS!!!

Moitísimas grazas Casto por esta máxica charla!!!










No hay comentarios:

Publicar un comentario