lunes, 13 de mayo de 2024

PLAN DIRECTOR - Charla sobre "DROGAS E Alcol" 2° e 3° ESO

Hoxe na biblioteca o alumnado de 2° e 3° da ESO asistieron a unha interesante charla sobre "Drogas e Alcol" dentro do Plan Director que imparte a Policía Nacional nos centros educativos.




sábado, 11 de mayo de 2024

CHARLA DE MARÍA JESÚS MOVILLA- A MULLER COMO ENFERMEIRA E CIENTÍFICA

 A doutora Mª Jesús Movilla Fernández visitou a nosa biblioteca para charlar cos rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria sobre"A muller como enfermeira e científica"

A Dra Mª Jesús Movilla é profesora na Facultade  de Enfermaría e Podoloxía no Campus de Esteiro en Ferrol. Tamén é socia de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas) e nós pedimos a esta asociación que viñera a dar unha charla ao 2º ciclo de primaria para falarnos da súa profesión, a evolución da enfermaría ao longo da historia e dalgún dos inventos tan útiles e prácticos que inventaron algunhas mulleres olvidadas para que, con esta charla, Mº Jesús as lembrara e valorara como ben merecido o teñen estas mulleres, inventoras e científicas.

Do libro "ENFERMERAS INVISIBLES" falounos de JEAN WARD, enfermeira inglesa que observou que os recén nacidos colocados preto da fiestra melloraron a súa cor coa luz solar. Comentou a súa investigación cos médicos e logo dalgúns estudos quedou establecida a primeira unidade de fototerapia no ano 1958

Outro exemplo de muller inventora e científica, ANN MOORE , esta enfermeira inventou a primeira mochila portabebés moderna ergonómica.
ANITA DORR, enfermeira americana que inventou o "Carrito de parada" importantísimo para non perder tempo e ter todo o instrumental a man onde faga falta e levalo con rapidez dun lugar a outro.

FLORENCE NIGHTINGALE, enfermeira, escritora e estadística británica que destacou en Matemáticas e sentou as bases da profesionalización da enfermaría. Atendeu a moitos feridos na guerra de Crimea que melloraban coas súas pioneiras medidas hixiénicas e de alimentación.

Mª Jesús indicounos a importancia de secar ben as mans despois de lavalas porque a humidade é boa para que se propaguen xérmes e bacterias. Tamén nos advertiu de que ter restos de esmalte nas unllas tamén é perigoso porque favorece o crecemento deses xérmenes e bacterias perxudiciais.

QUE ENRIQUECEDORA E INTERESANTE A CHARLA DE Mª JESÚS!

MOITÍSIMAS GRAZAS EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA



VISITA DE DAVID RODRÍGUEZ AUTOR DE "SUPERAVOA

O alumnado de infatil recibe a visita de David Rodríguez, o autor de "Superavoa"


A avoa Rita garda un segredo. 

É unha superheroína! 

Se non fose por ela e os seus superpoderes,

 o mundo viríase abaixo. 

Un libro cheo de tenrura e de humor.


David Rodríguez contou e cantou na biblioteca para os pequerrechos as fantásticas aventuras da superavoa...







martes, 7 de mayo de 2024

Decoración Biblioteca

 En el mes del libro, los alumnos y alumnas de 6° de Primaria elaboran unas letras para la decoración de la biblioteca. Un bonito recuerdo que queda de su paso por esta etapa.








jueves, 2 de mayo de 2024