domingo, 16 de junio de 2019

TAPICES DE CORES

Para rematar o curso, alumnos de 3º e 6º, utilizaron teares na biblioteca para confeccionar preciosos tapices de cores usando la 100% natural. Este é o fermoso resultado....
As novas tecnoloxías están de actualidade e son imprescindibles hoxe en día, pero as habilidades manuais que se desenvolven traballando cos teares tradicionais son tamén importantísimas e gustan moito aos rapaces...
O primeiro que teñen que facer é  poñer a urdimbre nos teares de madeira (fío de algodón), logo contan os fíos para repartir equitativamente os frecos e colocannos na parte baixa. A continuación escollen anacos de la de diferentes cores para texer entre a urdimbre. Xa chegando ao final, colocan la merina sen fiar para deseñar unha especie de nube...E por último, quitan a urdimbre do tear e colocan o tapiz nun pau para colgar o maravilloso resultado na casa...
Ao principio non é doado texer porque é necesario estar moi concentrado para non equivocarse, pero unha vez que se lle colle o tranganillo xa vai a todo filispín....

Excelente traballo artesán para desenvolver habilidades manuais e de concentración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario