sábado, 17 de abril de 2021

VISITA VIRTUAL DE ROSA ANEIROS

 O pasado venres 16, a escritora de Meirás, Rosa Aneiros, mantivo unha videochamada co alumnado de 4º de primaria para falar do seu libro "Tres bichicomas, dúas illas e unha serea"...


A pesar do difícil que nolo puxeron as novas tecnoloxías, puidemos conectarnos con rosa aneiros, a autora do libro que limos no colexio.
¿E de que falamos?...
Vimos xuntos fotos de distintos lugares que aparecen representados na historia que conta e nas súas ilustracións...

Os nenos e nenas preguntaron sobre eles e sorprendéronse ao descubrir que parte da historia está inspirada en lugares cercanos a nós, como as praias de Meirás.
Tamén nos axudou a entender que os refuxiados son algo máis que un número que aparece na prensa, sensibilizándonos un pouco máis coa súa realidade.

Ademáis interesouse polos nosos traballos sobre o libro e gustounos tanto estar con ela, aínda que fose de forma virtual, que nos gustaría repetir.

GRAZAS ROSA!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario