Durante esta semana, na biblioteca, o noso kamishibai abrirase para amosar o noso traballo adicado ás pintoras, que dende a Prehistoria ata os nosos días traballaron e traballan no que máis lles gustaba e gusta facer na vida...pintar
Paula, Luisa, Rubén e Zoe, alumnos de 6º de Primaria comentan as fotos e len as poesías feitas para os pequerrechos...
Nesta foto vemos á profe Mercedes identificando a cada un dos "Cavernícolas" protagonistas de infantil que representaron ás mulleres e homes que pintaron na Prehistoria...
...e logo tocoulle a ela ser identificada, cousa difícil porque é cuspidiña á pintora Sofonisba Anguissola, non si?
Os rapaces estiveron moi atentos aos comentarios de Paula e a todos os detalles que lles chamaban a atención dos cadros e das fotos...
Por uns intres, na biblioteca, retrocedemos no tempo cos sombreiros dunha colección familiar cedidos para recrear a época das "Sinsombrero", aquelas valentes mulleres artistas e pensadoras, como a nosa paisana Maruja Mallo, artistas da xeración do 27, que polo seu xesto de quitarse o sombreiro foron insultadas e apedreadas...
Os alumn@s de Secundaria tamén fixeron unha emotiva presentación do proxecto...
A "Negra sombra" da nosa Rosalía de Castro cantada para todas "VAI POR ELAS!!!
Ao remate, a profesora Angélica, dando as grazas aos voluntari@s pola súa colaboración e bo facer para transmitir, sensibilizar e concienciar sobre a igualdade...Vós sodes o futuro!
Aquí tedes o precioso traballo de Ullío: Powerpoint-8 de marzo
Se queredes ollar os preparativos e outros vídeos podedes premer nos enlaces seguintes:
Blog de 5º de Primaria
Seguiremos engadindo actividades ao noso proxecto: A vindeira semana temos previsto facer a ruta Ferrol en Feminino tras os pasos de Concepción Arenal, recorreremos as rúas de Ferrol comenzando no peirao de Curuxeiras onde traballaban as carboeiras do porto, lembraremos tamén as lavandeiras, augadoras, raíñas, científicas, escritoras e intelectuais ferrolanas de todos os tempos que merecen ser recoñecidas e valoradas. E cando o tempo o permita, dende o Taller de artes da ANPA, pintaranse no muro do patio varias obras de Maruja Mallo.
Dende o equipo da biblioteca queremos dar as grazas a Ángeles Caso, Lita Cabellut, Eduardo Blanco, Fundación Abanca, AEPE (Asociación Española de Pintores y Escultores), GALANTIQUA ARTE, Nova Galicia Edicións, CFR, IES Leixa, ANPA, familias, profesores e, como non, a tod@s os alumn@s participantes e colaboradores neste fermoso proxecto.
Especial agradecemento ao IES Leixa pola súa colaboración na elaboración dos paneis coa reprodución das láminas do kamishibai sobre cartón pluma que xa están expostos na entrada do colexio.
Con estes paneis completamos o noso proxecto cunha proposta de actividades deseñadas para todos os niveis educativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario