jueves, 28 de febrero de 2019

24F DÍA DE ROSALÍA

Un ano máis lembramos a Rosalía de Castro con moito arte...
Alumn@s da ESO colgando roupa no tendedeiro que puxemos no patio para crear o retrato de Rosalía...
Na biblioteca celebraron esta data cun fermoso recital....
 Este recital xorde dunha iniciativa dos rapaces e rapazas de 3º da ESO. Durante un tempo adicáronse a investigar sobre a nosa poetisa tan internacional, e decidiron que todo o que aprenderan debía saír fóra das paredes da súa aula.

Dende o primeiro momento, contaron coa profe de galego (Angélica), que sempre está disposta a todo tipo de argalladas. 

Para iniciar esta fermosa iniciativa, recolleron toda a información coa que contaban nun magnífico PowerPoint.


O día do acontecemento, proxectaron na biblioteca do colexio o seu traballo, que foi acompañado dun estupendo decorado realizado por nenos e nenas de tódolos cursos de secundaria. Contaron coa estupenda colaboración de moitos e moitas rapaces e rapazas para facer de diferentes personaxes. Así, podíanse ver non escenario moitas e variadas “Rosalías”, interpretadas por: Andrea, Carmen, Yaiza, Luisa, Sofía, Antía, Irene, Laura R., Laura, Iria, Alba, Jacqueline, Elena… Tamén as acompañaban: Manuel Murguía (André), Bécquer (Aarón) e un rapaz que lle quixo roubar un bico á súa noiva (Manuel Manivesa).



O fío condutor de toda esta trama, foron uns grandes presentadores: Carla e Fernando, aos  que sempre nos agrada ver enriba do escenario. Tamén foron unha parte importante, Lucía, Yago e Gabriel.
Como final a este recitado, escoitamos nas voces de Cecilia e de Angélica uns fermosos versos da obra Follas Novas.

Como bo acto que se precie, non podía faltar a festa. Así, tivemos a gran sorte de poder escoitar a fermosa voz de Luísa acompañada pola doce melodía da guitarra de Carla, interpretando a coñecida canción Adiós Ríos, adiós fontes. Tamén disfrutamos dunha muiñeira que nos achegaron Luísa e Yaiza: Muiñeira da Piolla. E como a todos nos gusta moito a festa, o día que repetiron este festival para os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria, houbo quen se lles uníu, e botáronse a cantar e a tocar a pandeireta canda a Luísa e a Yaiza. Foron Manuel, Marta e Manuela que, ademais de colaborar na Muiñeira da Piolla tamén tocaron e cantaron o Agharradiño de Troáns.

No patio, alumn@s de Primaria, tamén lembraron a Rosalïa cantando "Adiós ríos, adiós fontes" e "A rabieira" diante do seu retrato...



No hay comentarios:

Publicar un comentario