Alumnado de 6º de primaria interpreta "O Chispas" de Manuel Rivas co kamishibai e cun paraugas.
Como actividade do proxecto "Paracontos", pintan o paraugas ilustrando a historia nas súas oito partes.
Co paraugas recrean e gravan a historia do Chispas para que os seus compañeiros a coñezan..
O resultado quedou así de vistoso...
Tamén o fixeron co kamishibai, que como sabedes, conta a mesma historia en galego, castelán e inglés. Esta vez o resumiron en 6 fermosas láminas...
Un traballo moi completo, vistoso e creativo que conta unha fermosa historia chea de simbolismo e fantasía.
PERO QUE ARTISTAS!!!
PARABÉNS POLO TRABALLO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario