A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 23 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo de imaxes da nosa web.
Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra, ideadas a partir do manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, creado nesta ocasión pola escritora Eva Veiga, que incluímos ao final desta comunicación.
23 F DIA DE ROSALÍA
DE CASTRO
O lema é: #maiselestamenperdidos
👉EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA
Para
traballar en clase, individualmente e en conxunto:
-
Coidas que hai moita diferenza entre a época que viviu Rosalía (século XIX) coa
época que estás a vivir ti?
-
Escribiches algunha vez un poema? Se a resposta é si, axudouche a sentir
algunha emoción especial ou descoñecida?
- Hai un poema de Rosalía titulado “A xustiza pola
man”. Pensas que vivimos nun mundo xusto e igualitario? Razoa a túa resposta.
-
Se Rosalía vivise hoxe en día, sobre que temas coidas que escribiría?
-
Poderías definir estas dúas palabras: democracia/ditadura?
- Por que o ensino axuda a que haxa máis igualdade
de oportunidades para todos os nenos e nenas?
- Define as seguintes palabras: xenofobia, cobiza, empatía.
- Realiza un rosco de pasapalabra con palabras
relacionadas coa biografía de Rosalía.
- Grava un poema de Rosalía para colgar no blog ou
na páxina web do teu centro de ensino, para celebrar o seu Día o 23 de
febreiro.
-
Para o 3º ciclo de Educación Primaria: buscar o poema e o libro ao que
pertencen os versos que aparecen no Manifesto que celebra o Día de Rosalía.
👉EDUCACIÓN SECUNDARIA
1. Buscar o poema e o libro ao que pertencen os versos que aparecen no Manifesto que celebra o Día de Rosalía.
2.
Cuestións para
responder individualmente e a debater en grupo:
3.
a) Que asuntos
preocupan a Rosalía se atendemos á súa poesía?
4.
b) Coidas que hai
moitas diferenzas daquel tempo a este?
5.
c) Se Rosalía vivise
hoxe en día, sobre que temas coidas que escribiría?
6.
d) Consideras que
Rosalía era feminista ou non? Por que?
7.
e) Paréceche que a
maneira de sentir ou a emocionalidade das persoas inflúe na vida social e na
política?
8.
f) Cal cres que é a
función da poesía no mundo actual?

No hay comentarios:
Publicar un comentario