Lucía Santiago Caamaño é Enxeñeira Naval e Oceánica e profesora da EPS (Escola Politécnica Superior) de Ferrol. Colabora coa AMIT e hoxe veu a dar unha charla para o alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria.
Lucía é da Pobra do Caramiñal, na Ría de Arousa. Comezou a charla falando do seu pobo. Dende o peirao, podía ver as bateas e os pesqueiros cando era unha nena, e xa acendían nela a curiosidade os barcos coas súas grúas e as redes.
Un dato curioso que aportounos: A Pobra, é o porto onde máis atún se descarga de Europa.
No seu traballo, no Campus de Esteiro, da clases e investiga, co seu equipo de enxeñeiros, nos sistemas autónomos. Estudan a estabilidade e comportamento dos barcos para mellorar a súa seguridade no mar.
No laboratorio dispoñen dun espazo para probas con maquetas de barcos a escala cun canal de ensaios e sensores para medir e tomar datos.
Tamén hai un xerador de ondas que poidemos ver nun vídeo.
Amosounos diferentes tipos de barcos coas súas características.
O submariño chamou moito a atención entre a rapazada.
Tamén quedaron abraiados co comportamento dun barco nun temporal.
Lucía falounos de mulleres referentes e pioneiras cos seus inventos e contribucíons á ciencia e ás novas tecnoloxías:
Hedy Lamarr, inventora dun sistema de comunicación secreta contra os nazis, precursor do GPS, bluetooth e o wifi.
Raye Montague, que inventou o primeiro software asistido por ordenador para buques.
Martha Jane Hunt Coston, inventora da bengala Coston, dispositivo de sinalización no mar.
Sara Mather, inventora do telescopio submariño, precursor do periscopio.
Moito aprendimos con Lucía, e o máis importante, animou á rapazada a estudar moito e escoller a profesión que lles guste sen barreiras nin estereotipos.
E para finalizar, adicounos uns minutiños na entrevista para Radiovalle que lle fixeron alumn@s de 5º e que subiremos próximamente...
Como ben dixo Laura....MOLAS MOITO LUCÍA!
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO TEU EXEMPLAR TRABALLO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario