viernes, 25 de octubre de 2019

CAMIÑO INGLÉS: FERROL - S. MARTIÑO DO COUTO

Escolares de 5º, 6º de primaria e da ESO realizaron a peregrinación dun tramo da primeira etapa do camiño inglés cos seus respectivos titores.
Dende o peirao de Curuxeiras en Ferrol, ata  o mosteiro de S. Martiño do Couto en Xubia, peregrinaron a bo ritmo un centenar de escolares os 10 km previstos para despertar o interés pola nosa ruta xacobea e vivir en primeira persoa a experiencia do camiño.
 

 



 

 

Culminaron así as actividades iniciadas durante este mes de outubro propostas pola Fanpa Ferrolterra "Concepción Arenal" dentro do programa "O teu Xacobeo", iniciativa co fin de dinamizar o noso camiño inglés.

BO CAMIÑO!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

TEI curso 2019/2020

Un ano máis continuamos co programa de convivencia TEI de Titoría Entre Iguais cos alumn@s de 3º e 5º de primaria, coordinado polas profesoras Emma e Rosa.
Iniciamos o programa co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º, e cunha terrorífica actividade aproveitando a proximidade da festa do Samaín....




 
 
Os titores e colaboradores de 5º xa teñen, dende hoxe, o seu carnet que acredítaos como irmán/a maior dos rapaces de 3º de primaria..
             Denís, Josué, Gianella e Yésica serán colaboradores voluntarios dos titores.
Unha vez rematado o nomeamento, titores e titorandos, fixeron unha terrorífica actividade conxunta na biblioteca...


Con este programa de convivencia TEI preténdese mellorar a integración escolar e traballar por unha escola inclusiva e non violenta, fomentando que as relacións entre iguais sexan máis satisfactorias.