Que gusto dá chegar ao colexio despois dun período de vacacións e atoparnos coa visita dalguén tan agradable como Andrea Maceiras!
é que foi un auténtico pracer podermos charlar con ela.O martes, á volta das vacacións de Semana Santa e cansos de subir a Costa de Chamorro, voltabamos ao cole para afrontar o derradeiro trimestre do curso. Ese mesmo día recibiamos a Andrea Maceiras na bibliotecae, a verdade, é que foi un auténtico pracer podermos charlar con ela. Explicounos o por qué da historia do seu libro "Volverás golfiño" e entendemos moitas cuestións relacionadas coa fermosa historia que lemos.
O libro encantounos, pero coñecer á escritora máis aínda.
Amosámoslle o paraugas ilustrado coa súa historia e díxonos que lle encantaba. Incluso nos pedíu sacar fotos con el!
Xente así é a que nos motiva a seguir traballando e maquinando sempre novos proxectos para que o noso alumnado sinta gosto pola lectura.
MOITAS GRACIAS, ANDREA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario