martes, 4 de abril de 2017

PREPARANDO A VISITA DE MARÍA CANOSA

Alumnas de 4º de Primaria interpretan o libro "Rubicundo" para contalo co Kamishibai a súa autora María Canosa e para que os rapaces de 3º, que aínda non o leron, teñan unha idea do que acontece nel.
 

O grupo reparte as tarefas: Resumo e redación do texto, interpretación dos debuxos da ilustradora do conto Nuria Díaz nas láminas, tradución a castelán e inglés, plastificado e ordenación do Kamishibai de "Rubicundo".
O resultado quedou así de bonito...                                 
 
 
 



Un total de once láminas con debuxos e textos moi ben feitiños...esperemos que a María Canosa e aos compañeiros de 3º lles gusten!



No hay comentarios:

Publicar un comentario