sábado, 22 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO EN PRIMARIA - 23 DE ABRIL - ANTÓN CORTIZAS


VISITA DE ANTÓN CORTIZAS
Co gallo da festividade do Día do Libro, e ao abeiro do noso proxecto lector, tivemos a gran sorte de que Antón Cortizas tivera a ben compartir con nós toda a xornada lectiva do venres.


 


Durante toda a mañá estivo interactuando, por quendas, cos nosos nenos e nenas, que xa devecían por coñecelo tras ter lidas varias das súas obras....

 

Agasallou aos nosos alumnos con diferentes manualidades que fixeron as ledicias dos rapaces. 


 
Nós tamén o sorprendemos mostrándolle unha serie de xogos elaborados con materiais de refugallo, sabedores como somos, do seu gusto polos xogos populares...


Futbolíns, helicópteros, mikados, buxainas e michiños atrapabolas....O noso recuncho dos xogos reciclados.

Na nosa biblioteca tamén contamos con estes outros títulos de Cortizas...
 







No hay comentarios:

Publicar un comentario