A Estación da Graña forma parte da Universidade de Santiago e foi creada para fomentar e facilitar a investigación e a docencia en bioloxía marina, así como para o asesoramento e difusión en temas relacionados coa fauna e flora marinas de Galicia.
María Candás é doutora en bioloxía. Comenzou a charla falando da contaminación e a conservación da biodiversidade da nosa Ría e da importancia de non votar lixo ás augas das Rías para manter a súa conservación.
Convenceunos a tod@s de que temos que aportar o noso grao de area...Cando vaiamos á praia, debémola deixar mellor ou igual do que estaba antes de chegar a ela.
Tamén falounos das especies que habitan na nosa Ría.
Quedamos abraiados de tanta vida que hai nela.
Contounos que a Estación da Graña descubriu 35 especies novas, unha delas descuberta por María, á que chamou "Ferrolensis"...Fantástico, non si? É unha especie de gamba microscópica que atopou nas cercanías do Porto Exterior.
Despois foi o turno de Guillermo que centrou máis a súa charla no tema ecolóxico.
Falou dos niveis de contaminación na nosa Ría. O problema de contaminación que temos agora mesmo é importante, aínda que está a mellorar coas depuradoras.
A nosa Ría é espectacular!!!
Entre tod@s ímola coidar!!!
Motísimas grazas María e Guillermo pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario