Xan amosounos un vídeo animado coa interesante biografía da oceanógrafa...
Continuou a charla falando de toda a traxectoria de Ángeles como científica...
Todos recoñecimos a súa casa porque está preto do noso cole e pasamos por diante dela todos os días...
Foi a primeira muller científica a bordo dun barco de investigación alá polos anos cincuenta.
Participou en varias expedicións e cruceiros no Atlántico e Pacífico a bordo de buques oceanográficos de Inglaterra, Estados Unidos, España e México.
Ángeles Alvariño foi unha precursora na investigación oceanográfica española e destacada científica internacional. Deixou escritos máis dun centenar de artículos científicos en reputadas revistas españolas, norteamericanas e sudamericanas.
No ano 1993, a sociedade galega ríndelle unha homenaxe e foi distinguida coa Medaia de Prata da Xunta de Galicia.
No 2005, a Universidade da Coruña adícalle a Semana da Ciencia.
E no 2012, nun estaleiro de Vigo, foi botado o buque oceanográfico co nome de Ángeles
Alvariño, dotado dunha avanzada tecnoloxía para a investigación da xeoloxía mariña, oceanografía física e química, bioloxía marina, pesquerías e control medioambiental
Xan explicounos onde se atopa o terreo de Doniños que Ángeles Alvariño donou ao concello para construír un Centro de Investigacións Biolóxicas e Ecolóxicas. Animounos a tod@s a visitalo e incluso ofreceuse a facer de guía...Canta amabilidade!
Ao remate de tan interesante lembranza desta extraordinaria muller, Xan recibe un pequeno agasallo e as nosas máis sinceiras grazas pola súa visita..
Moitas grazas, Xan...verémonos no Museo e se cadra...no pinar de Doniños!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario