"DELAS SEMPRE APRENDEMOS MOITO"
Este ano lembramos a unha decena de artistas, mestras, pintoras, escritoras e activistas que co seu traballo loitaron con forza por un ideal...A igualdade.
A pintora americana Lilla Cabot Perry realizou este fermoso retrato da súa filla Margaret no ano 1885.
O Título do cadro: “The beginner” ( “A principiante”)
Interpreta o cadro: Ada (1º Primaria)
Gertrude Kasebier era unha fotógrafa americana, coñecida tamén por ensinar o mundo da fotografía a outras mulleres polo ano 1890.
Nesta foto súa vemos á india Zitkala-Sa que naceu na Reserva Sioux de Dacota e foi escritora, violinista e activista sioux. Escribiu artículos apoiando aos indíxenas americanos.
Interpreta a foto: Angélika (5º Primaria)
Sophie Anderson foi unha importante pintora británica, eran famosos os seus retratos de nenos e nenas.
Este óleo titúlase “A
pequeña encaixeira” tamén coñécese como “Concentración”.
Interpreta o cadro: Claudia (4º Infantil)
Elisabeth Vigée, pintora francesa do século XVIII.
Era unha famosa
retratista e os seus cadros pódense
atopar en moitos museos de Europa.
Este é un fermoso
retrato da súa filla Julie mirándose nun espello. Interpreta o cadro: Claudia (4º Primaria)
A pintora francesa Marie
Genevieve Bouliard pintou este retrato de “ Alexandre Lenoir” (Creador do Museo dos
monumentos franceses).
Interpreta o cadro: Pablo Roca (2º ESO)
A pintora lucense Xulia Minguillón co cadro "A escola de Doloriñas" recibiu a Medaia de Ouro da Exposición Nacional de Belas Artes no ano 1941Interpretan o cadro: Claudia e Javier (4º Infantil), Ada (1º primaria), Estéfany, Gabriela, Sabela e Roi (2º Primaria), Ainhoa(3º primaria), Laura e Claudia (4º primaria), Unai (5º primaria), Dani Pérez (6º Primaria) e a profe Eva Veiga.
Helen Keller foi unha escritora, oradora e activista política sordociega estadounidense. Aos 19 meses perde a visión e a audición.
Estivo incontrolable durante algún tempo ata que, aos sete anos, os seus pais deciden buscar unha especialista, Anne Sullivan, tamén cega, que encargouse da súa formación e logrou avances espectaculares.
Helen foi a primeira persoa sordocega en obter un título universitario. Activista incasable, loitou polos dereitos das persoas con discapacidades realizando viaxes por todo o mundo dando conferencias.
Concepción Arenal Ponte, feminista ferrolana que foi visitadora de prisións, licenciada en Dereito, periodista, escritora e pioneira no feminismo español.
Ao longo da súa vida e obra denunciou a situación das cárceres de homes e mulleres, a miseria nas casas de saúde ou a mendicidade e a condición da muller no século XIX.
Alumn@s de 6º de Primaria amosaron a escolma de mulleres co kamishibai para o resto de compañeiros na biblioteca...
Alumn@s de 6º de Primaria amosaron a escolma de mulleres co kamishibai para o resto de compañeiros na biblioteca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario