Hoxe tivemos a sorte de ter con nós a Carmen Pérez Parapar, a nova presidenta da delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia...
Explicou a evolución da vivenda e as distintas modalidades segundo o seu entorno para rapaces e rapazas de 3º,4º, 5º e 6º en dúas quendas.
Viron imaxes moi curiosas das diferentes construccións que hai polo mundo adiante: cavernas, castros, igloos, tipys, yurtas...Unha morea de estilos diferentes, tradicionais e modernos, que gustaron moito ao rapaces...
Unha vez feita a presentación, remangáronse tod@s e puxéronse mans á obra para deseñar a súa vivenda no improvisado obradoiro da biblioteca...
Deixamos a secar as vivendas ata o próximo luns...
FOI UNHA XORNADA A DE HOXE MOI ESPECIAL...
MOITAS GRAZAS CARMEN POLA TÚA INTERESANTE VISITA!
Premede no seguinte enlace para escoitar a interesante entrevista que Xabi e Sara fixeron a Carmen dende Radiovalle...
No hay comentarios:
Publicar un comentario