lunes, 2 de noviembre de 2026

XORNADA ELECTORAL DA ESO

 Hoxe, rapaces de 3° e 4° da ESO, participaron nunha simulación de eleccións ao goberno. Cinco propostas de candidaturas ficticias...

Obxectivos desta actividade:

. Formación cidadá, valores democráticos, capacidade crítica, convivencia, responsabilidade e madurez.

. Construir unha sociedade na que poidamos pensar diferente e convivir con responsabilidade.





viernes, 30 de octubre de 2026

OBRADOIROS SAMAÍN

 Voluntarias e voluntarios de 4° ESO organizaron diversas actividades na biblioteca para celebrar o Samaín cos máis pequenos.









jueves, 29 de octubre de 2026

CONTO DE OUTONO- CONTÍN, CONTÓN

 Hoxe tocoulles contar "Contín, contón" a Martina, Saúl, Laia, Luca, Hugo e Chloe, de 3° de primaria.

Interpretaron o conto co Kamishibai para todo o alumnado de infantil ... E tamén para o alumnado da ESO que quixo escoitalo.


miércoles, 28 de octubre de 2026

POLOS CREATIVOS - 6° Primaria - 1° e 3° ESO

 Hoxe tivemos unha sesión de convivencia do alumnado de 6° co de 1° e 3° da ESO. 

Os de primaria tiveron que deseñar buxainas: cun CD, con pezas Korbo e con pezas Duplo. Logo de ter anotado o proceso de deseño no seu caderno de proxectos, probaron a bailar as buxainas para comparalas e valoralas. 

O alumnado da ESO recolleu información de todo o proceso de primaria... tamén animáronse algúns a disfrutar co xogo.














viernes, 23 de octubre de 2026

CHARLA FORMATIVA SOBRE IGUALDADE 6° PRIMARIA- ESO

Charla formativa e preventiva dende a Concellería de Igualdade en colaboración co colexio de Avogados en dúas sesións, para o alumnado de 6° de primaria ás 10:30, e co alumnado da ESO ás 12:30, na biblioteca escolar, sobre lexislación en materia de igualdade.

miércoles, 21 de octubre de 2026

sábado, 17 de octubre de 2026

CONTO "OS TRES PORQUIÑOS"

 Dante, María, Valentina, Hugo Carballo e Irene, de 3º de primaria, interpretan co kamishibai o conto "Os tres porquiños" para os pequerrechos de infantil na biblioteca escolar.