martes, 16 de noviembre de 2021

CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO

 O Concello de Ferrol convoca, con motivo das conmemoracións do Día do Neno e da Nena (20 de novembro) e o día das Cidades Educadoras (30 de novembro) e coincidindo coa celebración do ano dedicado a Rodolfo Ucha, un Concurso Infantil de Debuxo, dirixido ao alumnado de 6º de Primaria.

Estes son os debuxos presentados por Ainoha, Sara, Sabela e Alex, de 6º de Primaria...



Con este concurso preténdese dar a coñecer ao alumnado unha parte fundamental do patrimonio histórico de Ferrol, así como facer aos nenos e nenas da cidade partícipes da actividade municipal, neste caso vencellada á cultura, ao urbanismo e ao patrimonio histórico local.

MOITA SORTE ARTISTAS!
O fallo do xurado darase a coñecer o martes 23 de novembro, data na que tamén se procederá á entrega de premios aos rapaces e rapazas gañadores do concurso, nun acto que terá lugar no Teatro Jofre.
Estaremos pendentes.
O martes 23 no teatro Xofre entregáronlle a Ainhoa o diploma polo seu debuxo
PARABÉNS AOS CATRO PARTICIPANTES!




No hay comentarios:

Publicar un comentario