jueves, 17 de marzo de 2022

VISITA DE ÉRIKA ESMORÍS

Hoxe visitounos a escritora Érika Esmorís para falar do seu libro Patio de luces  co alumnado de 3º e 4º que leron as aventuras de Lea no patio do edificio onde traballa o seu avó Xosé...

Falounos dos personaxes, das súas vivenzas, dos seus libros preferidos e das súas aficións: fai escapadas ás praias de ferrolterra, gústalle o surf , ler, escribir e os animais. Ela é veterinaria pero agora adícase a escribir...

Os rapaces fixeron un xogo de adiviñas proposto por Érika...Tiñan que adiviñar o personaxe pola roupa que colga no tendedeiro do seu edificio.
E tal e como lle pasa á protagonista do libro, Lea, a maioría dos rapaces non acertan  porque...as persoas e as cousas non son o que parecen.





O knolling é unha técnica fotográfica que consiste en sacar unha foto cenital, desde arriba, a unha serie de obxectos escollidos e relacionados co libro de lectura, neste caso "O patio de luces " de Érika Esmorís.
 Os rapaces fixeron os personaxes con material reciclado e recrearon o patio de luces do edificio do avó de Lea, a protagonista desta historia.



Aínda non está rematado pero xa lle presentamos o noso traballo a Érika, encantoulle a nova técnica. Cando esté rematado o knolling coa foto e a gravación enviarémola a Érika para que vexa o resultado final.
Ao remate da visita, Érika asinou e adicou o seu libro a cada un.

MOITAS GRAZAS ÉRIKA!!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario