sábado, 20 de octubre de 2018

PROGRAMA TEI - CURSO 2018/2019

Un ano máis, iniciamos o Programa TEI co emocionante nomeamento de titores de 5º e titorandos de 3º de primaria na biblioteca... 
 

 

 

 


Os obxectivos que pretende alcanzar o programa TEI son os seguintes:
• Sensibilizar a toda a comunidade educativa sobre os efectos da violencia.
• Concienciar a comunidade educativa sobre as causas da violencia e informar sobre as consecuencias persoais, sociais e educativas.
• Facilitar o proceso de integración de alumnos, ata unha educación inclusiva.
• Crear un referente (titor/a) para favorecer a autoestima e disminuír a inseguridade que provocan os espazos e as situacións descoñecidas.
• Empoderar ao alumnado como suxeito dinámico da convivencia, na prevención da violencia.
• Desenvolver a empatía e o compromiso individual e o do grupo clase (espectadores) ante o sufrimento das vítimas de actos de violencia e acoso escolar.
• Compensar o desequilibrio de poder e a forza propia da violencia e o acoso dende unha perspectiva preventiva e disuasoria.
• Integrar a “TOLERANCIA CERO” respecto da violencia e maltrato, como un sinal de identidade do centro educativo.
• Desenvolver e compartir a REDE DE CENTROS TEI, TOLERANCIA CERO respecto a violencia e o acoso escolar.

Os titores e colaboradores de 5º xa teñen o seu carnet que os acredita como irmán/a maior dos rapaces de 3º de primaria...
 

 

 

 

E para divertirnos un pouquiño organizouse un bingo na biblioteca...
E a gañadora deste bingo foi Sara...


No hay comentarios:

Publicar un comentario