Rapaces e rapazas, cos susurradores, cantan e recitan poemas de Rosalía de Castro para lembrala...
Escoitade no seguinte vídeo o poema "O gaiteiro" recitado por Gala, de 6º de primaria, e "Adiós ríos, adiós fontes" susurrado polos nenos e nenas de 4º...
Tamén o podedes escoitar dende o podcast de Radio Valle...
En todas as aulas lembramos a Rosalía con diversas actividades.
En 4º de primaria debuxaron, pintaron e recitaron...
1º ,2º e 3º levaron toda a semana traballando a figura de Rosalía a través de actividades interactivas, unidades didácticas, debuxos e cancións...
Outra fermosa lembranza quedounos para sempre nestra entrada do blog do ano pasado cando podíase ir polas rúas sen pandemia, sen mascarillas, susurrando e cantando por un tubo... Rosalía por un tubo
No hay comentarios:
Publicar un comentario