lunes, 24 de junio de 2019

ACTIVIDADES PROXECTO TERRA 2018-19 - BARRIO DE ESTEIRO


ACTIVIDADES PROXECTO TERRA  2018/2019 “Barrio de Esteiro”

●PROGRAMAS DE RADIO ADICADOS A CATRO BARRIOS DE FERROL: Ferrol Vello, Canido, Magdalena e Esteiro

●VISITAS A NAVANTIA:

VISITA  Á USC CAMPUS DE ESTEIRO:
O mércores, día 27 de febreiro, realízase unha interesante visita ao campus de Esteiro (USC), ao aveiro da temática do Proxecto Terra: o dereito ao hábitat, no que estamos a traballar, por cuarto curso consecutivo, os barrios da nosa cidade.
Durante a nosa visita acompañounos Francisco Bellas, profesor do departamento de robótica. Con el puidemos entrar no laboratorio e vermos como están a investigar con todo tipo de robots: dende os humanoides ata os drons. Unha das cousas que máis nos chamou a atención foi o feito de que non empregaran os mandos a distancia para o seu control.
Foi tamén durante esta saída, cando outro grupo de enxeñeiros nos levou a ver a canle de ensaios. Resultounos case máxico!! Deixáronnos “xogar” cun robot moi especial: un robot submariño do que todas e todos viñemos namorados. Foi divertidísimo!!!


ENTROIDO 2019 . Barrio de Esteiro
http://pequesvalleinclan.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html
https://aulavalleciclo2.blogspot.com/2019/03/entroido-2019.html


domingo, 16 de junio de 2019

TAPICES DE CORES

Para rematar o curso, alumnos de 3º e 6º, utilizaron teares na biblioteca para confeccionar preciosos tapices de cores usando la 100% natural. Este é o fermoso resultado....
As novas tecnoloxías están de actualidade e son imprescindibles hoxe en día, pero as habilidades manuais que se desenvolven traballando cos teares tradicionais son tamén importantísimas e gustan moito aos rapaces...
O primeiro que teñen que facer é  poñer a urdimbre nos teares de madeira (fío de algodón), logo contan os fíos para repartir equitativamente os frecos e colocannos na parte baixa. A continuación escollen anacos de la de diferentes cores para texer entre a urdimbre. Xa chegando ao final, colocan la merina sen fiar para deseñar unha especie de nube...E por último, quitan a urdimbre do tear e colocan o tapiz nun pau para colgar o maravilloso resultado na casa...
Ao principio non é doado texer porque é necesario estar moi concentrado para non equivocarse, pero unha vez que se lle colle o tranganillo xa vai a todo filispín....

Excelente traballo artesán para desenvolver habilidades manuais e de concentración!

viernes, 7 de junio de 2019

CHIMPAMIG@S


Como sabedes, este ano iniciamos a Campaña de reciclaxe de móbiles dende a biblioteca con gran éxito de recollida de móbiles vellos (Máis de 100 móbiles recollemos entre tod@s)... 
Naiara Rivera, de 4º de infantil, trouxo moitísimos...Grazas familia!
Acabamos de recibir  dous novos certificados de apadriñamento de chimpancés do Congo...
 Lemba tivo a polio e non pode camiñar ben. Agora vive no Centro de Recuperación de Tchimpounga no Congo baixo os coidados da veterinaria ferrolá Rebeca Atencia.
Kodia tamén vive no Centro de Recuperación do Congo. Alí atenden a 150 chimpancés a través do Instituto Jane Goodall.
No mes de maio xa recibíramos o primeiro certificado da chimpancé ANZAC
"TEMOS A OPCIÓN DE USAR O DON DAS NOSAS VIDAS PARA FACER DESTE MUNDO UN LUGAR MELLOR"

Sabias e fermosas palabras de Jane Goodall.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA VOSA COLABORACIÓN

SEGUIREMOS RECICLANDO!!!


martes, 4 de junio de 2019

VISITA DE PROFESORES RUMANOS - PROXECTO ERASMUS

Hoxe demos a benvida a un grupo de profesores e profesoras procedentes de Rumanía que desprazáronse a Ferrol nun proxecto Erasmus organizado polo CFR da nosa cidade.
Durante a súa visita coñeceron a posta en marcha da Aprendizaxe Cooperativa impartida no noso cole dende hai tres anos...
Con este método de traballo preténdese ensinar a Cooperar para Aprender e a Aprender Cooperando.

Na primeira parte da visita puideron observar como o alumnado de 6º de primaria, a través de diversas estructuras cooperativas, realizaba un kamishibai para logo expoñelo e contalo na biblioteca ao resto do alumnado máis cativo.
 
 

Na clase de 4º de Primaria viron como resolveron exercicios de matemáticas coa estrutura de lápises ao centro: 4 exercicios de estadística e probabilidade...
No recreo asistiron á representación dun conto en inglés co kamishibai por parte dun grupo de alumnos de 4º de Primaria na biblioteca. Os pequerrechos de infantil interactuaron en inglés, mostrando así os seus logros na inmersión lingüística...Somos plurilingües!...
Tamén escoitaron unha mostra da nosa música tradicional a través das pandereteir@s...
 A continuación tiveron un "Teacher training", onde o profesorado do centro explicáronlles como a través da aprendizaxe cooperativa se realizaron diversos proxectos ao longo do curso...
 Para finalizar, visitaron as aulas de infantil. Na clase de 4-5 anos, coa profesora Silvia, fixeron un puzzle coa estrutura do folio xiratorio...
E na clase dos máis pequerrechos, fixeron coa profe Mercedes, a dinámica da pelota dicindo en primeiro lugar o seu nome e logo algo positivo do seu compañeiro sentado ao seu lado...
Unha vez máis, dende o centro, sentímonos moi satisfeitos de que o noso sistema de traballo sirva de modelo para profesorado procedente doutros países.