PARABENS A TOD@S...SODES FINALISTAS!!!
O comité de selección do XVIII Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola, reunido o día 7 de abril do 2017, acordou seleccionar como finalistas os seguintes traballos na modalidade Educación Primaria:
➤É eficaz colocar unha bolsa chea de auga na ventá dunha casa para impedir a entrada de moscas?
(Colexio Vicente Otero Valcárcel - Carral)
➤Teñen os caracois a mesma resposta de comportamento ante obstáculos de tamaño e forma diferentes? (Colexio Castro Baxoi - Miño)
➤Somos lunáticos...mito ou ciencia? (Colexio Valle Inclán 1 - Ferrol)
Rapaces de 5º, mestres e familiares, buscan respostas....
Existen en Galicia moitas lendas relacionadas coa lúa, pero canto hai de certo nelas?
Ata que punto a lúa afecta ao comportamento das persoas? e aos animais?
Como condiciona a lúa á pesca? e á agricultura?
Na biblioteca escolar realízanse diversas actividades relacionadas coa observación diaria do crecemento dos allos nas distintas fases lunares...
➧A primeira actividade consiste en sementar os allos utilizando envases diferentes para cada fase lunar...
➧Seguemento riguroso cumprimentando táboas de rexistro...
➧Recollida ás 5 semanas da sementa...
➧Rexistro de medidas e pesos nun formulario para logo facer gráficos...
➧Conclusións...
Como vedes, a pesar de que non apreciamos grandes diferenzas entre os allos sementados nas distintas fases lunares, os allos de máis peso e lonxitude foron os sembrados en lúa crecente.
Estas foron as actividades feitas nun recuncho da biblioteca, pero foron moitas máis as que fixeron ...
INTERESANTES ENQUISAS...
Na rúa e no Hospital Arquitecto Marcide (CHUF) de Ferrol
Nun invernadeiro e nunha granxa
No colexio e a un patrón de barco do porto de Cariño
Pero entón podemos confirmar a hipótese de que a lúa inflúe no comportamento dos seres vivos, animais e plantas?
Fai click no seguine vídeo no que explican como levaron a cabo todo o proceso de investigación así coma os resultados.
E se queres máis información podedes entrar no blogue de 5º de Primaria ...
O vindeiro sábado 29 estes xóvenes científicos defenderán o seu proxecto na Coruña...
...PARA NÓS XA SODES GAÑADORES EN TRANSMITIR ENTUSIASMO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA CON ESTE PROXECTO TAN COMPLETO QUE FIXÉCHEDES
PARABENS POLO VOSO TRABALLO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario