Como sabedes, este ano, a Real Academia Galega (RAG) acordou dedicar a Carlos Casares o Día das Letras Galegas 2017. Destacando que o escritor ourensán foi "unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX"
Dende o equipo da biblioteca propoñemos as seguintes ACTIVIDADES para desenrolar ó longo do mes de maio:
➤ Presentación ao
Certame “PRIMAVERA DAS LETRAS”
➤ Realización de FICHAS DIDÁCTICAS propostas pola Real Academia Galega para os distintas etapas educativas:
➧ FICHAS DIDÁCTICAS : Proposta de tarefas deseñadas polas profesoras de Infantil centradas no relato "A BOMBA DA FELICIDADE" de Carlos Casares.
➤ Representacións co KAMISHIBAI na biblioteca:
➧ Kamishibai da
“Galiña azul” de Carlos Casares – Elaborado por rapaces de 2º de Primaria para presentar ao resto de compañeiros, de Infantil e Primaria.
➧ Kamishibai do poema
de Carvalho Calero “Ferrol 1926” adicado a súa casa no barrio de Ferrol Vello,
incluido no Proxecto Terra: “O dereito ao noso hábitat” - Elaborado por 3º de
Primaria. (Entre os nomes propostos, ademais de Carlos Casares, Plácido Castro e Antonio Fernández Morales, estaba o de Carvalho Calero).
➧ Kamishibai da vida
e obra de Concepción Arenal, nada en Ferrol Vello, tamén para o Proxecto Terra
– Elaborado por 2ª da ESO.
➧ Interpretación de
contos en galego co Kamishibai:
“Os tres Porquiños”
– 4º de Primaria
“Que contan as
ovellas para durmir”de Kiko da Silva - 4º de Primaria
“Xogando con gatos” de Antón Cortizas – 3º
Primaria
➤ Mural na biblioteca
– Elaborado por 5º e 6º de Primaria.
➤ Voluntarios de 5º e 6º da biblioteca realizarán a galiña azul cun globo para os rapaces de Infantil e o diseño de sinalizadores conmemorando a data.
➤ Visita do ilustrador e artista Leandro Lamas á biblioteca: adorno do Kamishibai cos voluntarios de 5º e 6º.
➤ Visualización de vídeos e outros recursos coa vida e obra de Carlos Casares:
➻ Carlos Casares
LETRAS GALEGAS 2017 – Real Academia
Galega –
➻ Inicio de “As
laranxas máis laranxas de todas as laranxas”
➻ Recursos na rede sobre Carlos Casares:
➻ Actividades interactivas:
➻ Presentación cunha adaptación de "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
➤ Actuacións, carteis e representacións na biblioteca dos voluntarios de Secundaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario