viernes, 5 de mayo de 2023

VISITA DE ROSA ANEIROS - 3º e 4º E.P.

 Hoxe visitou a nosa biblioteca Rosa Aneiros para falar co alumnado de 3º e 4º sobre o seu libro "Catro plumas de dinosauro"

Libro de lectura deste 2º trimestre que levou á rapazada de viaxe polas Fragas do Eume e de aventuras fantásticas polo Cretáceo. 
Moreas de actividades relacionadas co libro de Rosa Aneiros

Rapaces de 4º amosaron as pezas do seu Knolling literario...

Polo corredor, un mural feito coa profe de inglés, Judit....
Rapaces de 3º, recrearon un Parque do Cretáceo, e sen querer formouse un pequeno ecosistema particular onde habitaron: unha araña, un cempés, mosquiñas, fentos, liques, carrizas, crássulas, piñas, pedras, cunchas, troncos.... e doce nenos e nenas mooooi argalleiros e motivados...




Primeiro investigaron os fósiles do cretáceo e xurásico no laboratorio....




Fixeron actividades de verdadeiros paleontólogos...








Adicaron o Alalá das Mariñas á escritora Rosa Aneiros cos susurradores...

Rosa Aneiros asinou e dedicoulle a cada neno e nena o seu libro con moito cariño...













MOITAS GRAZAS, ROSA!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario