martes, 27 de febrero de 2024

lunes, 26 de febrero de 2024

POLOS CREATIVOS - IMPRESORA 3D

 Continuamos a formación co alumnado da ESO e de E. Primaria a cargo do profesor da UDC, Álvaro Deibe Díaz, para levar a cabo proxectos coa impresora 3D...                

A través do programa de innovación Polos Creativos (Espazos educativos que favorecen o desenvolvemento das competencias dixitais) e do CFR de Ferrol dispoñemos dunha impresora CREALITY CR200B en calidade de préstamo. Próximamente dispoñeremos dunha propia para o servizo de todo o noso colexio aportada pola Consellería de Educación da Xunta.








UN TOPE QUE PRECISÁBAMOS PARA A PORTA DA CLASE DE 6º DE PRIMARIA...

O RATO AÍNDA NON TEN NOME, PERO PRONTO O TERÁ.

Tamén se fixeron, de proba, unhas chapiñas para chaveiros co nome do cole e un prototipo de paxareira a tamaño reducido...


viernes, 23 de febrero de 2024

Obradoiro "Os Bolechas: Mireia conta que é o dano cerebral adquirido"-FEGADACE

 

Tania Losada, educadora social da Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido (FEGADACE), visitounos hoxe para realizar actividades de sensibilización.

Tania explicounos moi ben as causas do dano cerebral, os síntomas de alarma dos ICTUS e a importancia da rápida intervención para minimizar as súas secuelas. 
Os síntomas de alarma do ictus se resumen nos 3F: Forza, Fala e Faciana, é importante poñerse en contacto inmediatamente cos teléfonos de emerxencias (112) ou de urxencias médicas (061) se apreciamos estes síntomas de debilidade ou dificultade nunha persoa que precise a nosa axuda.

Aquí tedes o dossier completo que deixounos Tania: https://www.fegadace.org/sensibilizacion-danho-cerebral-galicia-es.html
Ao remate, Tania agasallounos unha mochila co interesante libro dos Bolechas.
MOITAS GRAZAS, TANIA!!!

MOITAS GRAZAS FEGADACE!









23F Actividades DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Agasallo dun libro e unha flor para lembrar a nosa Rosalía.
Cancións, poemas e agasallos na biblioteca neste día tan fermoso para nós. 









martes, 6 de febrero de 2024

11F - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2024

DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER Y LA NIÑA EN LA CIENCIA

Para lembrar que o próximo domingo 11 de febreiro imos celebrar o Día da Muller e a nena na Ciencia, as rapazas de 3º e 4º de primaria, fixeron unha morea de experimentos interesantes no laboratorio...
E como estamos a celebrar o Entroido, as "vendedoras, mariscadoras e leiteiras", saíron dos cadros de Luis Seoane para amosar a maxia/ciencia aos "homiños con paxaro" que tiñan enfrente como atentos espectadores...




Coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas, o 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia".