sábado, 29 de abril de 2017

HOMENAXE A ROSALÍA


Dende a biblioteca escolar do CPR Plurilingüe Valle-Inclán I de Ferrol, baixo a batuta da profesora do departamento de Lingua Galega e coa colaboración do resto dos departamentos da ESO, celebrouse o día de Rosalía de Castro con diversas actividades, todas elas vencelladas a súa obra e dirixidas a lembrar esa obra e dar conta da súa universalidade.

Este ano celebramos o 180 aniversario de Rosalía de Castro e fixémolo lendo, cantando e aprendendo boa parte dos seus poemas, e como todos os alumnos participaron decidimos que podíamos facer un pequeno e modesto acto no que disfrutar e compartir o traballo cos compañeiros.
 

Houbo ensaios por todos lados, xente falando soa polos corredoras, música de guitarras, un coro e un cartel precioso no que se xuntou investigación e creatividade sobre esta figura tan emblemática para o pobo galego en xeral e para as mulleres galegas en particular.




                          A DIVERSIÓN E A CULTURA DA MAN...... FERMOSO!    


No hay comentarios:

Publicar un comentario