miércoles, 26 de mayo de 2021

VISITA VIRTUAL DE MANUEL RIVAS

 O pasado día 12 de maio, o alumnado de 6º de primaria, tivo unha charla por video chamada co escritor Manuel Rivas para falar do seu libro "O Chispas". 

O libro que leron os alumnos está cheo de simbolismos e fantasía: o personaxe quere ser un músico cósmico nun mundo que mestura a fantasía e a realidade que fai que a aventura sexa extraordinaria.


Os rapaces ilustraron a historia do Chispas nas oito partes dun paraugas para contar aos seus compañeiros doutros cursos...

Tamén fixeron un kamishibai e gravaron as aventuras do Chispas...




Un traballo moi completo e fermoso...Parabéns 6º!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario