martes, 13 de septiembre de 2016

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

Benvida ao novo curso....comparto o correo recibido dende a Biblioteca Municipal de Ferrol informando das novas actividades programadas para este curso...

Ferrol, 7 de setembro de 2016
A Biblioteca Municipal de Ferrol comprácese en informalo/a sobre as actividades que se van levar a cabo nos próximos meses:
Actividades que requiren inscrición previa:
Taller de escritura: todos os primeiros mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 12 de setembro. Coordinadora: Luz María Leira Rivas.
Club de lectura de narrativa: todos os terceiros mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 19 de setembro. Coordinadora: Norma Fariña Couselo.
Club de lectura positiva: todos os últimos mércores de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. 20 prazas. Data de inscrición: a partir do 26 de setembro. Coordinadora: Sabela Naranjo González.
Taller de teatro para mozos/as (12-15 anos): todos os primeiros e terceiros martes de mes, de outubro a maio, de 18.30 a 20.30 h. 15 prazas. Data de inscrición: a partir do 12 de setembro. Coordinador: Agustín Bolaños.
Actividades de entrada libre:
Club de lectura de poesía: todos os terceiros luns de mes, de 19.30 a 21.00 h. Entrada libre. Coordinador: Juan Carlos Valle, Karlotti.
Ciclo charlas: Aprender a ver cine II: todos os segundos luns de mes, de outubro a maio, de 18.00 a 20.00 h. Entrada libre. Coordinadora: Pilar Freire Rodriguez.
Proxección de películas: todos os cuartos luns de mes, de outubro a maio, ás 18.00 h, con comentarios da coordinadora: Pilar Freire Rodriguez.
Ciclo charlas: Imos contar ciencia: todos os segundos xoves de mes, de outubro a maio, de 19.30 a 20.30 h. Entrada libre. Divulgadores: físicos, químicos, biólogos, enxeñeiros; Temas: universo, cosméticos, xenética, clima, mente, etc.)
Encontros para a práctica de idiomas: de 12.00 a 13.00 h. luns: inglés e martes: francés
Visitas guiadas pola Biblioteca baixo petición previa.
Actividades por invitación:
A hora do conto: venres alternos, de outubro a maio, de 18.00 a 19.00 h. Entrada por invitación. Narradores outubro-decembro: Cía Trinke-Trinke, Soledad Felloza, Raquel Queizás e Pablisimo.
Cando a inscrición sexa necesaria, farase presencialmente. Recordaranse as datas de inscrición de cada actividade e a retirada de invitacións segundo se vaian aproximando as datas. Para máis información poden chamar ao teléfono 981 944 182.

Biblioteca Municipal de Ferrol
Praza de España, 2
15403 Ferrol
Tel. 981 944 182
biblioteca@ferrol.es
http://www.ferrol.es/biblioteca