lunes, 5 de noviembre de 2018

1º DÍA DA SEMANA DA CIENCIA - EXTRACCIÓN DO ADN



Neste primeiro día da celebración da Semana da Ciencia, contamos no laboratorio con Paula López Serra, doutora en bioloxía e antiga alumna do colexio, que traballa no GEICAM en Barcelona (Grupo Español de Investigación do Cancro de Mama)...

Achegouse ao colexio para falar cos rapaces de 5º e 6º de primaria do ADN e facer unha sinxela experiencia de extracción do ADN dun plátano...

O ADN é a información xenética que se atopa en todas as células e está relacionada coa fabricación de proteínas.
Cun pouco de lavalouzas, unha pizca de sal e auga, Paula procedeu á extracción do ADN do plátano...Que interesante experiencia!!!

 
 
 
 

Moitísimas grazas Paula pola túa valiosa colaboración!!!

Así contaron a noticia no xornal "La voz de Galicia"

Durante toda a semana diferentes científicos darán charlas e farán experiencias cos nenos e nenas para achegalos ao mundo da ciencia: Xenética, percepción, magnetismo,.... serán algúns dos temas dos que falarán.

O vindeiro mércores o colexio recibirá a Xan Silvar da SGHN que falará da bióloga ferrolá Ángeles Alvariño.
Tamén pasarán polo colexio Juan Casto Ribadulla do Departamento de Fisioterapia e Ciencias Biomédicas da UDC para falar da percepción, e Marías Candás e Guillermo Díaz, doutores en bioloxía da Estación de Bioloxía Maríña da Graña que falarán  da fauna e da florada ría de Ferrol.



No hay comentarios:

Publicar un comentario