O equipo cooperativo de 3º, "YEQUILANE", formado por Yésica, Quique, Laura e Neus interpretaron este fantástico conto "Una princesa en motocicleta" para os pequerrechos de infantil...
Un patinete a todo filispín e sen control, chocou contra a estantería dos contos. O moble caeu con todos os libros esparramados no chan e cos personaxes confundidos polo accidente. O dragón dun dos contos non aparecía, así que a valente, decidida e intrépida princesa decidiu ir buscalo na súa motocicleta....
Este conto, xunto co de Grisela e o de Cincenta e as zapatillas peludas, forma parte do Proxecto de "A maleta da Igualdade" que levamos a cabo este ano cos grupos cooperativos en Primaria.
O martes aplaudiron tanto os cativiños de infantil que tiveron que repetir a representación.
Hoxe tocoulles aos rapaces de 1º e 2º de Primaria que tamén quedaron encantados...
PARABENS ....SODES GRANDES ARTISTAZOS!!!
Aquí tedes o traballo completo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario