Hoxe fomos de visita a dous centros de Ferrol co noso kamishibai e o proxecto"Elas sempre pintan moito"
En primeiro lugar visitamos o Centro de día de Menores de Ferrol. Os nosos voluntarios mostraron o kamishibai co proxecto das pintoras, explicaron como fixeron a interpretación dos autorretratos e leron as poesías realizadas por eles mesmos e os seus compañeiros...
Os voluntarios de primaria tamén contaron dous contos elaborados por eles no seu Traballo cooperativo levado a cabo na aula, "O rato Pérez" e "O raposo e o corvo"
E do centro de menores fomos camiñando co noso teatriño de papel ata a Residencia Mi casa...
Entrañable xornada a de hoxe que lembraremos con moito cariño. Foi unha experiencia moi enriquecedora na que puxemos moita ilusión e que esperamos continuar o vindeiro curso con novos proxectos.
MOITAS GRAZAS A TODO O PERSONAL DO CENTRO DE MENORES E DA RESIDENCIA POLA BOA ACOLLIDA E COLABORACIÓN QUE RECIBEMOS.
VEREMONOS PRONTO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario