lunes, 14 de mayo de 2018

OBRADOIRO DE ZANFONA CON ÓSCAR FERNÁNDEZ SANJURJO

Óscar Fernández Sanjurjo leva dende o ano 2001 impartindo clases regulares en Narón, Santiago e A Coruña. Tamén impartiu cursos en Galicia, Gannat (Francia), Narol (Polonia), Barcelona e Alicante.
Participou como zanfonista compositor e arranxista en numerosas produccións dende eses anos: Os Cempés, Atlántica Vapora, Doa, bOnOvO, Combo galego-cubano, Descarga ao Vivo, OJarbanzo Negro, En Dúo con Ugía Pedreira, en Dúo con Carlos Quintá, libro-disco: Amadeo Goyanes e as Zanfoneiras de Monforte.
Hoxe tivemos a sorte de disfrutar nós co seu obradoiro de zanfona. O primeiro turno tocoulles aos pequerrechos...

 Óscar e Manuela interpretaron unha peza cos pequerrechos "Chote da semán".....
O segundo turno tocoulles aos alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Óscar amosoulles as partes da zanfona, o seu funcionamento e as súas posibilidades sonoras...
Manuela e Óscar interpretaron unha peza da Bretaña francesa do 1800..."Branle dos cabalos"
Fantástico dúo de zanfonistas!! Logo tocaron unha "Rumba corrida" que soa así de ben...
Algúns tiveron a oportunidade de tocar por primeira vez unha zanfona...e a verdade é que o fixeron moi ben...

No último turno acomodáronse na biblioteca os alumn@os de Secundaria e Óscar fixo a súa entrada cun gracioso "Cantar de cego"...


         FANTÁSTICA XORNADA A DE HOXE!!!
 MOITAS GRAZAS ÓSCAR...MOITAS GRAZAS MANUELA
E así debuxaron a Óscar os de 3º de Primaria...





No hay comentarios:

Publicar un comentario