Voluntarios de 3º da ESO inician un Club de Lectura co libro de Ángeles Caso "Ellas mismas" que, como sabedes, foi o protagonista principal no mes de marzo para celebrar o día da muller traballadora na biblioteca co noso proxecto "Elas sempre pintan moito"
No club de lectura xurdiron comentarios e lembranzas das diferentes recreacións dos retratos feitas para o teatriño xaponés.
Lembramos tamén a escolma de pintoras do libro, as investigacións feitas para ampliar información e a imposibilidade de recrear a outras pintoras que aparecen no libro pero que considerouse difícil facer a súa recreción.
No blog da profesora Ángeles tedes máis información do club de lectura: http://divinaverba.blogspot.com.es/
Esperamos que teña continuidade esta interesante actividade ao longo do trimestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario