miércoles, 25 de abril de 2018

GRISELA - KAMISHIBAI DE 6º DE PRIMARIA

Estes días visitounos un bichiño entrañable...Grisela
O grupo cooperativo de 6º de Primaria formado por Jose, Olivia, Lucía e André, representaron o conto para os máis pequenos...
Grisela é unha pequena ratiña que un día síntese moi triste, tan triste como a súa pel gris. Para remedialo, decide pintarse de cores alegres, esperando que con elo cambie o seu estado de ánimo, pero non o consegue...Ata que atopa a alguén que fará que deixe a un lado a tristeza para sempre...

Grisela é unha fábula que reflexiona sobre a autoestima e a idea de non cambiar a nosa maneira de ser na procura dunha palabra bonita ou da felicidade nun momento puntual. Reivindica que a verdadeira felicidade alcánzase sempre sendo nós mesmos, e que debemos ser fortes nos momentos de dúbida ou de felicidade.
Este é un dos títulos escollidos da "Maleta da Igualdade" que edita Kalandraka para traballar con el valores sobre a búsqueda da propia identidade e a autoestima.
A ilustradora holandesa Willemien Min ilustra este libro con moita cor, empregando trazos de lápis e un orixinal efecto collage utilizando cachiños de papel sobre fondo branco que fan un efecto visual fantástico
O venres, este mesmo grupo, presentará a Grisela aos rapaces de 1º e 2º de E.P. que seguro seguro estarán encantadísimos de coñecela...PARABENS RAPACES!!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario