Esta semana, os alumnos de 6º de Primaria, Rubén, Michelle, Jancsi e Paula, representan no kamishibai o divertido conto clásico de Cincenta pero un pouquiño cambiado...
O martes tocoulles aos pequerrechos de Infantil...
E hoxe, xoves, aos de 1º e 2º de Primaria....
Trátase dunha reinterpretación do conto clásico de Cincenta. Con moito humor cuestiónanse os estereotipos aceptados, que impiden a educación en igualdade de dereitos.
En 6º de Primaria escolleuse este libro, entre outros, da "MALETA DA IGUALDADE" para interpretalo e contalo na biblioteca aos máis pequenos co fin de traballar a coeducación, a igualdade de xénero e o dereito a decidir.
Precioso traballo cooperativo....E precioso canto á liberdade!
As vindeiras semanas, outros grupos cooperativos, presentarán os seus traballos. O seguinte será...
No hay comentarios:
Publicar un comentario