Os humoristas gráficos da Voz de Galicia Pinto e Chinto (David Pintor Noguerol e Carlos López Gómez) son os autores do libro Cámbiache o conto!
Hoxe visitounos Chinto para falarnos na biblioteca do seu traballo e do libro Cámbiache o conto! que tanto nos fai rir e co que estamos a traballar neste trimestre...
Tamén falounos doutros dous libros nos que os protagonistas son simpáticos animaliños...
"Cambiou o conto!" para Chinto cando sentou e foi espectador das interpretacións que os rapaces fixeron dos contos do seu libro...Os rapaces fixeron un traballo cooperativo para representar no Kamishibai estes contos aos nenos de E. Infantil e mesmo aos profesores galeses que viñeron de visita a nosa biblioteca
Ao remate, Chinto adicou e firmou cada un dos libros aos rapaces de 3º de Primaria...Que contentiños quedaron!!!
MOITAS GRAZAS PINTO E CHINTO POLO VOSO FANTÁSTICO TRABALLO!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario