jueves, 11 de octubre de 2018

BARRIO DE ESTEIRO - VISITA A NAVANTIA

Un ano máis seguimos a traballar no Proxecto Terra:"O dereito ao teu hábitat", e durante todo o curso imos adicalo esta vez ao barrio de Esteiro.
Esta semana iniciamos as visitas á factoría de Navantia. 
O martes 9, cos alumn@s de Secundaria e os seus titores en dúas quendas ó longo da mañá...
En primeiro lugar visitaron a nave da exposición permanente. 
Un lugar para a admirar a maquinaria utilizada hai tempo e tamén un lugar para lembrar personaxes e momentos que fan historia na factoría: A escola de aprendices, a loita obreira e lembranza do 10 de marzo, as botaduras dos barcos, os diferentes logotipos da factoría, etc...
 

 

O mércores 10, foron os rapaces de 3º e 4º de Primaria, tamén acompañados polas súas titoras e con Clara e Manolo, os guías da factoría...
Visita a Navantia no blog de 3


 

 

Hoxe xoves 11, visitaron Navantia os alumn@s de 5º e 6º de Primaria cos seus titores...


Todos fixeron esta foto co buque "Patiño".
É un buque de aprovisionamento de combate que conta cunha capacidade aproximada de nove millóns de litros de combustible e 2000 metros cúbicos de munición, material diverso e víveres. Su dotación está formada por 150 persoas.
Conta ademáis a bordo cun helicóptero, un equipo operativo de seguridade, un equipo da Forza Naval Especial e persoal do Corpo Militar de Sanidade...
Vaia, que ten un supermercado e un hospital dentro!

Os pequerrechos de 4º de Infantil, aínda que non foron de visita a Navantia, teñen na clase o seu "Xefe ou xefa de obra"...

 Cada día é nomeado un xefe ou xefa de obra que será o encargado/a de poñer a súa foto no cadro e as letras do seu nome. Tamén leva o colgante e encárgase de recoller, iniciar as filas, repartir...

 Os demáis compañeiros tamén dispoñen de tarxetas cos buzos e os seus nomes.
O cadro coas grúas do asteleiro e as tarxetas cos buzos son deseños amablemente cedidos por Elga Fernández Lamas e creados por Artenchapas
Graciñas Elga!!!

Fin


No hay comentarios:

Publicar un comentario