Esta semana e a pasada, os voluntarios de 6º, cos tapices deseñados para discapacitados visuais, contaron dúas historias cheas de olores, sons e texturas diferentes ...Contos con sentidos...
"A xiganta e as fadas"...
Mateo, Victoria, Andrea e Lucía, foron os encargados de contar e mostrar o tapiz coa historia da xiganta cociñeira que busca especias para aliñar a súa comida. Conta coa axuda de dúas fadas, a da árbore e a fada da nube. Unha atopa tomillo que recolle nun saquiño e a outra romero.
Antón, Manuela, Lucía e Abril, foron os encargados de amosar o tapiz e contar as aventuras dos trasnos durante esta semana, o martes para os pequerrechos de infantil e o xoves para 1º, 2º e 3º de primaria...
No hay comentarios:
Publicar un comentario