jueves, 18 de octubre de 2018

MALETAS POLA INCLUSIÓN

Xa temos na biblioteca as Maletas Viaxeiras da Inclusión...
 Unha maleta para Secundaria...
 E outra maleta para Infantil e Primaria...
As maletas están cheas de libros, folletos dípticos e trípticos, unidades didácticas, cadernos e guías.
Todos eles relacionados coa Igualdade de xénero, a sensibilización e prevención da violencia de xénero e o tratamento da diversidade e a inclusión.
O proxecto "Maletas Viaxeiras" é unha das medidas recollidas no Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, elaborado pola Secretaría Xeral da Igualdade e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e que recolle a medida concreta de configurar e xestionar maletas viaxeiras para ensinanza obrigatoria sobre igualdade de xénero, violencia de xénero, educación afectiva e sexual, diversidade e inclusión.
Por outra banda, dende Bibliotecas Escolares, achéganos un enlace a algunhas novidades de lectura recomendada en REDELECTURA





Diagrama de temas








Diagrama de temas







Diagrama de temas

No hay comentarios:

Publicar un comentario