En primeiro lugar, Adriana presentounos aos artífices do proxecto...
Explicáronnos que entre todos crearon dous cortos de cine que teñen como temática China: "El restaurante chino" e "Unha aldea de China"
Unha vez visionados os cortos os rapaces fixeron unha morea de preguntas aos protagonistas e a súa monitora Adriana.
Este enriquecedor intercambio axúdanos a reflexionar sobre a terceira idade e tratar de evitar prexuicios e estereotipos sociais.
O saúdo de despedida foi entrañable, rapaces e maiores amosáronse moi cariñosos entre eles...
Intentaremos volver a vernos e, se cabe, argallar algún futuro proxecto xuntos...
MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario