lunes, 11 de junio de 2018

VISITA DE CASAGA - CONCURSO CANVIVINDO

Un ano máis tivemos a sorte de contar na biblioteca e no patio do cole con dous membros da Asociación de Cans de Salvamento de Galicia CASAGA, Alejandro Barreiro e Sergio...
                                                                             
                                                                            
                                                                             Vinculada a esta actividade, o Concello
de Ferrol presentounos o segundo concurso escolar de debuxo "Canvivindo".
A iniciativa forma parte dun proxecto de comunicación social para dar a coñecer o contido da nova ordenanza e deste xeito sensiblizar aos rapaces en pro dunha convivencia responsable. 





Alumn@s de 3º,4º e 6º de Primaria asistiron en primeiro lugar a unha charla para dar a coñecer algúns aspectos básicos de dita ordenanza municipal, mostrar o rechazo cara o maltrato animal e amosar os coidados e obligacións a ter en conta cunha mascota. Tamén falounos Alejandro do cometido social dos cans, para que non os vexan soamente como mascotas para xogar....
 Alejandro e Sergio estiveron todo o tempo acompañados por Arnold, un precioso can que aínda é noviño pero que ten trazas de ser un gran rastreador.

Unha vez rematada a charla, Sergio e Alejandro realizaron unha exhibición cos perros de búsqueda no patio cuberto...Esta é a parte máis divertida, asombrosa e preferida por tod@s...
En primeiro lugar tocoulle ao aprendiz Arnold atopar a Sergio que estaba agochado detrás dun dos contenedores...
Arnold atopou a Sergio de contado.
A seguinte actuación precisou de varios intrépidos voluntarios que se meteron nun dos contenedores, coa axuda de David, Alejandro e Jose. E así caladiños e agochados esperaron a outro can experto en rescates, que xa viñera a visitarnos o ano pasado, Thor...
                  Axiña os atopou...Era visto!!!
E por último tocoulle o turno a Anca, un precioso pastor belga que con moita enerxía e rapidez atopou a outros valentes grupiños agochados nos contenedores...
 Ver as caras de asombro e as risas nerviosas dos rapaces fainos comprender que ista é a mellor maneira de transmitir os valores que esta campaña informativa ten como obxectivo
        MOITAS GRAZAS ALEJANDRO E SERGIO!
GRAZAS CASAGA E CONCELLO POR ESTA INICIATIVA!


                                       VOLVEREMOS A VERNOS
E así debuxaron os alumn@s de 3º aos cans de salvamento e a xornada de hoxe...
 

 

 

 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario