lunes, 22 de mayo de 2017

PESCAMOS A MARÍA PRIN NA BIBLIOTECA

Unha das visitas relacionadas co Proxecto Terra adicado este ano ao Barrio de Ferrol Vello foi a que tivemos hoxe de María Prin, irmá da nosa compañeira Mercedes.

María traballa no Mercado da Magdalena. 
Amosounos unhas diapositivas para explicar o seu traballo e comenzou falando do edificio onde traballa, a Pescadería, un precioso edificio modernista construído por Rodolfo Ucha no ano 1923 (Pódese ver a data na fachada do edificio)...

   Precioso edificio onde traballa María, non si?
Falounos dos produtos que vende no seu posto da pescadería: Bivalvos como a ameixa babosa, ameixa fina e berberechos.
Crustáceos: a centola e o buey






Aquí a vemos explicando as partes da vieira e da zamburiña


             Tod@s atentísimos as súas explicacións. Na primeira sesión os peques. E na segunda os maiores...

Moluscos como os bígaros, tamén chamados minchas ou caramujos
 na parte de Vigo.
Equinodermos como o ourizo de mar. María ás veces pínchase coas púas, pero explicounos que os pulpos os comen enteiriños con púas, casca e todo e parece que lles presta moito porque repiten.
 
Tamén falounos do marisco moi apreciado, sobretodo polo Nadal, como os percebes, as nécoras, os santiaguiños, a cigala, a langosta, os camaróns,.... en fin, unha presentación moi, pero que moi completa cos produtos que ela vende encantada na pescadería...
Aquí vemos unha foto dos santiaguiños, especie ao borde da extinción...unha mágoa porque están boísimos!

Nesta táboa amosounos os produtos máis vendidos co seu prezo neste Nadal.
E por último, os servizos que ofrece dende o seu posto da pescadería...
Nós agradecemos moitísimo a súa visita porque aprendimos moito destes apreciados produtos do noso mar e da nosa ría.
 

O noso agasallo feito con moito cariño para ti...

          MOITAS GRAZAS MARÍA! 
                 ERES UNHA CRACK!!! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario