Nacho traballa co pai de Raúl
(de 3º de Primaria)
O pai de Raúl chámase Rafa e é o dono do barco "A Virxe do Nordés"
Raúl contounos que no barco do seu pai pescan robalizas pero ás veces collen abadejos ou mesmo algunha quenlla. Enviounos fotos do barco do seu pai e fixemos esta presentación ... BARCO DA FAMILIA DE RAÚL
Tamén compartiron con nós este vídeo onde Jacobo, o irmán de Nacho, pesca robaliza no Virxe do Nordés...
Nacho explicounos como é un día de faena do percebeiro: Madruga moito e como é un traballo moi perigoso, sempre vai acompañado. Amárrase cunha corda, leva traxe de neopreno polo frío e para non lastimarse coas rochas. Utiliza unha ferramenta chamada cavadoira, unha peza afiada de metal cortante cun mango máis ou menos longo, que serve para arrincar os percebes da rocha. E tamén levan unha bolsa colgada na cintura para gardalos a medida que os van collendo.
Tamén levounos un mapa da nosa Ría e amosounos as zonas nas que vai mariscar ameixas. Nunha foto anterior vemos a Raúl que sostén na man unha lámina coas partes dunha ameixa...
Tamén amosounos os catro tipos de ameixas que hai na nosa Ría...
Ameixa fina
Ameixa babosa
Ameixa japónica
Ameixa rubia
A que ten máis valor agora mesmo é a blanca que mariscan na nosa Ría, polo Castillo de San Felipe. E a todos parécenos que a babosa é a máis rica de todas as ameixas.
Chamounos a atención a ameixa carneiro...
Nacho comentounos que era moi apreciada en Italia, aseméllase a un berberecho pero é máis grande, con estrías moi marcadas na súa cuncha, a súa carne é moi sabrosa, con intenso sabor a mar e que cada vez é máis apreciada.
Zoe levou unha nasa do seu avó e mostrounos o burato por onde entra o peixe, tamén explicounos como queda atrapado dentro: Come a carnaza que hai dentro e logo non pode saír da nasa. Iria tamén amosounos unha bolsa dun percebeiro da súa familia. Nacho coñece algúns dos percebeiros familiares dos rapaces.
Os rapaces fixeron moitas preguntas e Nacho tivo respostas para todos...Aprendimos cousas curiosas da súa profesión e sobretodo a valorar e respetar o seu traballo, porque a parte de ser perigoso faenar nunhas zonas con tanto oleaxe, hai que ser tamén moi hábil para cavar percebe, separalo da rocha sen estropealo e manter así a súa calidade.
Nós quixemos agasallalos cun pequeno detalle feito polos voluntarios da biblioteca de 5º de Primaria.
Moitas grazas Nacho e familia de Raúl, pola vosa colaboración!
No hay comentarios:
Publicar un comentario