Malibú ten este recuncho dedicado ao seu proxecto solidario na Casa Grande de Xanceda. A cadeliña está moi contenta coa súa labor fomentando a adopción e loitando contra o abandono. Que boa iniciativa!
Adriana veu hoxe á biblioteca con Malibú, unha cadeliña rescatada do abandono que agora vive feliz como profe para ensinar nos colexios. Hoxe nós aprendimos con ela a ser máis responsables cos animais.
Os primeiros en recibila foron os rapaces de 1º e 2º de Primaria...
Estiveron atentísimos ás explicacións e moi cariñosos con Malibú...
Aprenderon a recoller ben a caca coas bolsiñas para non mancharse nadiña.
Logo tocoulles o turno aos de 3º e 4º de Primaria...
A cadeliña deixouse acariciar panza arriba ...
Algúns rapaces emocionáronse ao lembrar as súas mascotas...pero podedes estar tranquilos e contentos rapaces, porque seguro seguro que foron moi felices nos vosos fogares.
Logo dun pequeno descanso e paseíño con Malibú por fóra, tocoulles o turno aos compañeiros de 5º e 6º de Primaria...
Malibú quedou agotada
Pero aprendimos un chisquiño máis a ser responsables cos animais. E lembrade ben a ensinanza da profe Malibú...
GRAZAS MALIBÚ E ADRIANA POLO DIPLOMA...
...E POR FACERNOS EXPERTOS EN ANIMAIS FELICES!
Aquí tedes o enlace por se queredes saber máis de...MALIBÚ
No hay comentarios:
Publicar un comentario