Da ciencia depende o futuro do noso planeta e o benestar de todos os seres que o
habitan. Coida da ciencia, coida do planeta, coida do teu futuro: é a túa achega, é a
nosa obriga.
Peregrina Quintela Estévez
Matemática. Premio María Josefa Wonenburger Planells 2016
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/colexio-valle-inclan-prepara-sua-participacion-nunha-nova-edicion-da-feira-galiciencia/20171108001321208074.html
Cinco proxectos do centro veñen de ser seleccionados para participar nunha vindeira edición da feira Galiciencia, centrada desta volta no tema da astronomía.
A través da ANPA, os alumnos están a desenvolver, no Club de Ciencias, os seguintes proxectos seleccionados:
➤ “Somos lunáticos... mito ou realidade”, presentado por André Romero, Luísa López e Dani Plaza. Este proxecto, que foi gañador da última edición do Premio Luis Freire que todos os anos organizan os museos coruñeses, trata de averiguar que hai de certo en algunha das historias que falan sobre a lúa e os seres vivos.➤"Modelo do ollo" Candela Souto e Abril Sixto son as autoras do traballo.
➤“Galaxia 3D” de Clara Grela e Saínza Rivas.
➤ “Desmentindo o zodíaco”, as alumnas Zoe Permuy Lobelos, Victoria Fajardo e Yaiza Pita tratan de demostrar que as datas asignadas a cada signo zodiacal non coinciden coas constelacións que están no ceo en cada momento do ano.
➤ “O telescopio de Galileo” de Andrea Sixto e Manuel Núñez, no que abordan aspectos históricos, astronómicos e científicos.
Ademais, os alumnos Antón Romero, Marta del Río e Manuela López, representarán ao colexio na fase final do concurso de desafíos ao cal accederon tras resolver varias probas.
MOITO ÁNIMO RAPACES...SODES O FUTURO!
Aquí tedes unha recompilación de recursos con materiais de ciencia en galego...
No hay comentarios:
Publicar un comentario