Dende a delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia achéganos a convocatoria do I PREMIO DE ARQUITECTURA PARA UN MUNDO MELLOR
➧Coa finalidade de dar a coñecer, entre os máis xoves, a importancia que ten a Arquitectura na calidade de vida da sociedade. Trátase dun concurso de debuxo co lema "A VIVENDA IDEAL" Tema de actualidade dende o confinamento nas nosas casas.
➧Vai dirixido a nenos/as e mozos/as de ata os 18 anos.
➧Tedes as bases no seguinte enlace: https://arquitecturaparaunmundomejor.com/wp-content/uploads/2020/05/Bases_ESP_GAL_ENG.pdf
➧Os premios das diferentes categorías serán tarxetas regalo en material de educación plástica ou libros.
➧O prazo de presentación de propostas ao concurso prolongarase desde ata o 31 de maio. Lembrade que para concursar tedes que inscribiros e cubrir o formulario...
https://arquitecturaparaunmundomejor.com/inscripcion/
https://arquitecturaparaunmundomejor.com/inscripcion/
ANIMÁDEVOS...SEI QUE SODES GRANDES ARTISTAS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario